Actualidade

CONVOCATORIA DE AXUDAS A NOVAS/OS EMPRENDEDORAS/ES.

PROXECTOS OBXECTO DE APOIO:

1. Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.

2. Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben que, aínda desempeñando unha actividade económica por conta propia no momento da solicitude de axuda, tanto a alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) coma o alta censual non superen os 42 meses na data de presentación da solicitude de axuda. Os autónomos societarios non teñen a condición de novo emprendedor.

3. Considérase nova peme, para os efectos destas bases, aquela en que tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non teñan unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.

4. Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.

b) Presentar un custo subvencionable igual ou superior a 25.000 € e non superior a 500.000 €, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 €, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade. c) Os custos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.   O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 15 de xuño de 2021.   PRAZO DE SOLICITUDE:  - Para as partidas orzamentarias 2019.1, ata o 27/06/2019. - Para as partidas orzamentarias 2019.2, ata o 18/10/2019.

CONVOCATORIA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN E FORMACIÓN DE PERSOAS MOZAS - PROGRAMA "EMPREGA XUVENTUDE".

CONTRATOS INCENTIVADOS: - Indefinidos iniciais. - Contratos temporais (mínimo 12 meses de duración). CONTÍA: - 6.000€ (para os contratos indefinidos iniciais). - 3.000€ (para os contratos temporais cunha duración mínima de 12 meses). (As contías anteriores poderán ter un incremento do 25% (ver texto da convocatoria). PRAZO DE SOLICITUDE: - Para as contratacións realizadas entre o 01/10/2018 e o 09/04/2019: ata o 10 de xuño de 2019. - Para as contratacións realizadas a partir do 10/04/2019: ata o último día do segundo mes seguinte á data da contratación.