PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR
Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, do 31 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2022, ambos incluídos.
O prazo de inscripción para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio estará aberto dende o 3 de marzo ao 16 de marzo de 2022, ambos incluídos.
Pode consultar a Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón: probas de acceso ciclos formativos grao medio e superior
RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA PROFESIONAL
SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS CONVOCADAS POLA AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (AGADER)
A XUNTA ACTIVA DOUS PROGRAMAS DO NOVO PLAN "EMPREGA XUVENTUDE":PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL NAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E O PROGRAMA INVESTIGO.
A Xunta activa os dous primeiros programas do novo plan Emprega Xuventude, co obxectivo de contratar a 1000 persoas xoves desempregadas.
O goberno galego convoca o programa PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL NAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS e o programa INVESTIGO, ós que destinará 24 millóns de €.
AXUDAS PARA A PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO
A Consellería de Emprego e Igualdade publicou hoxe a ORDE do 28 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción e consolidación do emprego autónomo no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR341D).