FORMACIÓN "SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS" NO CONCELLO DE A CORUÑA
No mes de febreiro vai comezar, dende o Proxecto Coruña Suma do Concello de A Coruña o itinerario formativo "Socorrismo es espazos acuáticos naturais". Dita formación está aberta a persoas desempregadas empadroadas noutros concellos.
Formación gratuíta con prácticas en empresas
Posibilidade de recibir beca de asistencia
Poden solicitar información chamando ao Centro Municipal de Emprego (981.184.399) ou mandando mail ao coruna.suma@coruna.gal indicando que lle interesa socorrismo.
O prazo para inscribirse remata o vindeiro 28 de xaneiro
PROXECTO PEL EMPREGO SUSTENTABLE NO ÁMBITO RURAL: COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2 E NIVEL 3
Ábrese o proceso de solicitude de participación nunha edición de competencias clave (Lingua e Matematicas) de nivel 2 a desenvolver en Baio (Zas) e outra de nivel 3 a desenvolver en Oleiros.
Prazo de presentación: do día 17 de Xaneiro, ás 14:00H do 25 de Febreiro 2022.
CURSO AFD DE PROXECTOS DE EDIFICACIÓN
No centro de formación ANTEVA SERVICIOS INFORMÁTICOS, S.L. situado no Concello de Carballo, vaise iniciar próximamente o curso de REPRESENTACIÓN DE PROXECTOS DE EDIFICACIÓN (Certificado de profesionalidade de nivel 3).
CURSO AFD SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS
No centro de formación ANTEVA SERVICIOS INFORMÁTICOS, S.L. situado no Concello de Carballo, vaise iniciar próximamente o curso de SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS (Certificado de profesionalidade de nivel 2).
AULA MENTOR NO CONCELLO DE LARACHA
FORMACIÓN EN LIÑA
PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING
PROGRAMA PIONEIRO DE FORMACIÓN