Actualidade

CMAT LANZA UN PLAN FORMATIVO PARA "MELLORAR A XESTIÓN E PROMOCIÓN DOS SERVIZOS TURÍSTICOS DA COSTA DA MORTE"

Costa da Morte Asociación Turística (CMAT)  organiza no mes de febreiro un programa financiado pola Deputación da Coruña para formar desempregados en cociña, restauración e aloxamentos que atenda as necesidades de persoal do sector.  Ditas accións formativas van dirixidas a persoas empadroadas en Concellos da Costa da Morte que estean desempregadas ou en situación de ERTE. Para máis información  pódese consultar o seguinte enlace: Plan formativo CMAT

 

FORMACIÓN "SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS" NO CONCELLO DE A CORUÑA

 
No mes de febreiro vai comezar, dende o Proxecto Coruña Suma do Concello de A Coruña o itinerario formativo  "Socorrismo es  espazos acuáticos naturais". Dita formación está aberta a persoas desempregadas empadroadas noutros concellos.
 
Formación gratuíta con prácticas en empresas
Posibilidade de recibir beca de asistencia
 
Poden solicitar información chamando ao Centro Municipal de Emprego (981.184.399) ou mandando mail ao coruna.suma@coruna.gal indicando que lle interesa socorrismo.
 
 
O prazo para inscribirse remata o vindeiro 28 de xaneiro