O CIS Madeira destaca a renovación dos elementos de seguridade do paseo marítimo de Caión como exemplo de obra que pon en valor as especies forestais galegas
A actuación, que se atopa na súa fase final de execución, consiste na instalación dunha nova varanda de madeira de castaño, mellora na sinalización e máis mobiliario urbano. O proxecto supuxo un investimento de 88.500 euros a cofinanciar entre o Concello e Turismo de Galicia.