Conclúe o obradoiro “A Laracha-Arteixo: colaborando polo emprego VI”
Participaron 20 alumnos traballadores nas especialidades de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e limpeza en espazos abertos e instalacións industriais. O acto de clausura estivo presidido polos alcaldes de ambos municipios, José Manuel López Varela e Carlos Calvelo, e o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor.