Turismo da Laracha

O punto de inicio encóntrase no Centro de Interpretación dos Muíños da Costa da Morte.

Presenta dous recorridos alternativos: o curto, que finaliza en Gabenlle, e o longo, que continúa ata Caión.

 

Ruta de Gabenlle:

Dificultade: media–baixa.

Distancia: 7,9 km.

A ruta, que nace na cunca do río Acheiro, recorre en gran parte o paseo fluvial do río Anllóns ata chegar á área recreativa de Gabenlle. Os muíños que se atopan na ruta son: o do Formigueiro, o das Pezas, o Grande de Gabenlle e o Tarrulo. Estes permiten coñecer de primeira man o funcionamento dun muíño de auga tradicional.

 

Ruta de Caión:

Dificultade: media-alta.

Distancia: 12,5 km.

Esta ruta conecta os recursos naturais existentes na zona interior cos da costa. O itinerario inicial é exactamente o mesmo que o da ruta dos muíños, partindo do Centro de Interpretación dos Muíños da Costa da Morte, continuando polo paseo fluvial do río Anllóns ata a área recreativa de Gabenlle. A continuación, proponse a visita ao casco urbano da Laracha para proseguir cara a Caión, única saída ao mar do concello.

Son de obrigada visita no tramo final deste percorrido, o santuario dos Milagres pola súa importancia histórica, e a Punta da Atalaia por conformar un miradoiro nun inigualable espazo natural.