Turismo da Laracha

A praia de Caión ten en torno a 850 metros de lonxitude e divídese en 4 zonas: As Salseiras, O Cárcere Vello,  O Caracoleiro e A Arnela.

É unha praia moi frecuentada debido ao seu carácter resgardado, e á súa area branca e fina, aínda que a súas ondas son de carácter forte.

Situada nun lugar de especial protección dos valores naturais (Rede Natura 2000), é zona de especial protección para as aves (ZEPA).

Posúe, ininterrompidamente desde fai anos, o distintivo de Bandeira Azul.