Turismo da Laracha

Lugar: Santa Margarida

Parroquia: Montemaior

Esta igrexa, de estilo neorrománico, foi levantada entre finais do século XIX e principios do século XX nun fermoso contorno rural, xunto a unha densa carballeira.

Posúe unha planta irregular con catro capelas laterais e a súa estrutura aérea é de bóvedas de cruzaría. A fachada principal presenta un sistema pentagonal de eixe vertical que vén marcado pola porta de entrada, a xanela abucinada e a espadana de dous ocos.

Encóntrase nun amplo espazo libre no que se atopa unha densa carballeira, moi coñecida pola celebración da romaría de Santa Margarida.