Les Sables d´Olonne
O Concello da Laracha está irmandado con Les Sables d´Olonne (Francia) desde que en agosto de 2022 os alcaldes de ambos municipios, José Manuel López Varela e Yannick Moreau, rubricasen oficialmente o acordo.
Deste xeito actualizouse o irmandamento con Olonne sur Mer, vixente desde o ano 2010, unha vez efectiva a fusión, baixo a denominación Les Sables d’Olonne, dos tres antigos municipios franceses que formaban o País de Olonne: o propio Olonne sur Mer, Sables d´Olonne e Château-d´Olonne, que agora forman unha entidade única de máis de 45.000 habitantes.
A estreita e cordial colaboración entre as Corporacións Municipais e os Comités de Irmanamento de ambas localidades posibilita que se organicen e desenvolvesen conxuntamente diversas actividades que favorecen as relacións sociais, a promoción cultural, o turismo, a aprendizaxe das linguas e a práctica deportiva.
Esta iniciativa foi secundada polas asociacións culturais, clubs deportivos e centros educativos de ambas localidades, posibilitando levar a cabo actividades de intercambio.
Ligazóns:
https://www.lessablesdolonne.fr/
https://www.lessablesdolonne-tourisme.com/ (Turismo)