• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Parque Empresarial

O parque empresarial da Laracha, promovido pola sociedade pública Suelo Empresarial del Atlántico, foi inaugurado en xaneiro de 2011 para posibilitar a expansión da actividade industrial no municipio.  

Cunha superficie urbanizada de 825.000 metros cadrados, esta moderna área industrial de recente creación converteuse nunha sensacional e atractiva posibilidade de inversión polas súas especiais características:

Estratéxica situación xeográfica, vinculada coa área metropolitana da Coruña, no eixo A Coruña-Arteixo-Carballo e moi preto do porto exterior de Punta Langosteira. 

Excelentes comunicacións viarias, con entrada e saída directas desde o polígono á autoestrada A Coruña-Carballo. 

Ampla cobertura en servizos, incluída a rede de gas e as telecomunicacións

Orografía do terreo, que é chan en todo o ámbito. 

Diversidade na oferta de parcelas, con superficies que se adaptan a calquera tipo de uso. 

Vantaxes fiscais, con bonificacións no ICIO do 95%. 

Ligazóns
Suelo Empresarial del Atlántico

Contacto