• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Plan de transporte metropolitano

Desde o 14 de xaneiro de 2013, o Concello da Laracha forma parte do Plan de Transporte Metropolitano da área da Coruña.

As persoas residentes na Laracha poden beneficiarse das vantaxes que ofrece este programa, a través do que o propio Concello da Laracha e a Xunta de Galicia subvenciona parte do custo dos billetes de autobús en viaxes entre os municipios adheridos a este Plan. Os usuarios tamén teñen dereito a transbordos gratuítos nos autobuses urbanos da cidade da Coruña.

Para ser beneficiario do Plan de Transporte Metropolitano é preciso obter as tarxetas nas oficinas de Novagalicia Banco da Laracha ou de Paiosaco.

Ligazóns
Plan de Transporte Metropolitano

Contacto