• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Cultura e Deporte

No Concello da Laracha entendemos a cultura e o deporte como parte esencial do desenvolvemento persoal e vital, ademais de ser importantes mecanismos socializadores beneficiosos tamén para a saúde.

A política municipal desta Concellería está baseada en tres piares fundamentais: ampla oferta en infraestruturas, o apoio económico e organizativo aos clubs, entidades e asociacións e a organización de programas propios ao longo de todo o ano con propostas específicas para cada data (inverno, verán, San Isidro, Nadal, Entroido, etc.).

No eido deportivo, dispoñemos de instalacións modernas e funcionais, localizadas nos propios cascos urbanos ou en puntos de cómodo acceso, así como pistas polideportivas descubertas en núcleos rurais.

A existencia de centros socioculturais nas trece parroquias, algúns de nova construción e outros tras rehabilitacións de inmobles xa existentes, posibilitou descentralizar a oferta e organizar actividades e promover o asociacionismo tamén fóra dos núcleos urbanos.

Outra parte importante da nosa cultura está composta polo rico patrimonio arquitectónico e arqueolóxico, destacando a beleza das nosas igrexas e capelas e a presenza de castros que nos indican a importancia histórica deste municipio. Nesta sección tes ao teu alcance información sobre os elementos máis destacados.

Patricia Bello.
Concelleira de Ensino, Cultura, Deportes, Mocidade, Festas e Turismo.