• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha

EN QUE CONSISTE O PROGRAMA HARMONIZA: CONCILIANDO NA LARACHA?

Programa municipal de apoio á conciliación da vida persoal, familiar e laboral que inclúe acollida, vixilancia, coidado, organización de actividades e almorzo dos/as nenos/as durante o curso escolar e durante as vacacións nos centros de ensino.

CONTIDO

Durante o curso escolar nos centros de educación infantil e primaria do municipio, o servizo préstase no propio colexio de luns a venres desde as 7:00 horas e ata o inicio do horario escolar establecido en cada centro.

Durante as vacacións nos centros de ensino (verán, Entroido, Semana Santa e Nadal), préstase en horario de 7:00 a 14:00 horas nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo.

CONDICIÓNS DE ACCESO

Dirixido a nenos/as de 3 a 12 anos de idade.

Durante o curso escolar requírese estar matriculado nun centro de educación infantil e primaria do municipio. Durante os períodos de vacacións, está dirixido a persoas empadroadas no Concello da Laracha.

Os criterios de valoración para o acceso ao programa serán as necesidades de conciliación en base ás circunstancias laborais e outras situacións sociais e familiares que xustifiquen a necesidade de acceso ao servizo.

ONDE PODE SOLICITARSE INFORMACIÓN E FACER A INSCRICIÓN? 

No Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha, situado na planta baixa do edificio administrativo da Laracha (Avenida Fisterra, 60). Tamén a través da Sede Electrónica.

 

DESCARGAS CURSO 2023-2024

Inscrición

Normativa

Baremos aplicación bonificacións na cota

 

DESCARGAS SEMANA SANTA 2024

Normativa

Inscrición

Autorización

 

SERVIZO CANGUROS

Dirixido ás familias con nenas e nenos desde os 4 meses aos 12 anos de idade. Contempla un conxunto de tarefas centradas nos coidados básicos e atención a prestar nos domicilios para cubrir necesidades puntuais, non de carácter estable ou estrutural prolongadas no tempo.

Horario: todo o ano de 7:30 a 22:00 horas, agás fins de semana e festivos.

Cada unidade familiar beneficiaria disporá dun máximo de 40 horas anuais.

Normativa

Inscrición