• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Centro de Información ás Mulleres (CIM)

¿QUE É O CIM?

É un servizo gratuíto para atender as demandas e necesidades das mulleres do Concello de forma individualizada e confidencial, dependente dos Servizos Sociais do Concello da Laracha, que proporciona con carácter permanente:

- Asesoramento e atención xurídica e psicolóxica.
- Atención xurídica, psicolóxica e asistencial específica para mulleres vítimas de violencia de xénero.
- Información en materia de recursos. Orientación profesional.
- Realización de actividades formativas e informativas, cursos, charlas con temas de interese para as mulleres.

PRINCIPIOS DE ACTUACIÓN

- O anonimato na identidade das usuarias e o principio de confidencialidade.
- O respecto á vontade das usuarias na procura de posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.
- A gratuidade de todos os servizos que se presten.

ASESORAMENTO XURÍDICO

O labor de asesoramento xurídico abarcará todos os tipos de consultas que as mulleres do municipio nos desexen facer, centrándose sobre todo en:

- Dereito de familia.
- Incapacitacións e declaracións de prodigalidade de maiores ou persoas afectadas de trastornos psíquicos severos.
- Dereito laboral.
- Dereito da Seguridade Social e dereito administrativo e xeral.
- Dereito de estranxeiría.
- Dereito penal.
- Tramitación e acceso á xustiza gratuíta.

ATENCIÓN PSICOLÓXICA

- Asistencia, atención e apoio ás mulleres ou familiares destas en relación a todo tipo de problemas de índole psicolóxica.
- Apoio e asesoramento en casos de malos tratos, intermediación familiar e de parella...
- Asesoramento e orientación profesional, información, recursos asistenciais, tempo libre...

VIOLENCIA DE XÉNERO

Mención aparte merece esta función do CIM, xa que todos os servizos e recursos dos que dispón o centro se coordinan para cumprir coa súa función principal e prioritaria: a asistencia integral ás vítimas da violencia de xénero:

- Asesoramento xurídico integral.
- Asistencia á hora de por unha denuncia.
- Solicitude desde o propio Centro da Orde de Protección.
- Información e xestión do acceso á xustiza gratuíta.
- Asistencia psicolóxica para a muller maltratada e os seus fillos/as.
- Xestión, se fose necesario, do aloxamento (casa de acollida, centros de día) cando a muller corra perigo.
- Información e xestión dos recursos dos servizos sociais para estas mulleres.
- Servizo de teleasistencia móbil para mulleres vítimas de violencia de xénero.

HORARIOS DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

- Horario de apertura: de luns a venres de 8:30 a 15:30 h. / Xoves de 8:30 a 15:00 h e de 16:30 a 20:30 h.
- Horario de atención psicolóxica: de luns a venres de 8:30 a 15:30 h. / Xoves de 8:30 a 15:00 h e de 17:00 a 20:00 h.
- Horario de atención xurídica: luns de 9:00 a 15:00 h. / Xoves de 16:30 a 20:30 h.

¿ONDE ESTÁ O CIM?

Edificio administrativo.
Avda. Fisterra, 60. 15145 A Laracha.
Teléfono: 981 612 811
Fax: 981 606 331
Correo: cim@laracha.es 
Teléfono da muller: 900 400 273
Teléfono de información e asesoramento en materia de violencia de xénero: 016

FINANCIAMENTO

Proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo.

Subvencións a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade.

Programa de apoio aos CIM.

Secretaría Xeral da Igualdade.

Operación cofinanciada pola Unión Europea.

PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020.

Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social.

O FSE Inviste no teu futuro.

 

                        

Contacto