• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Símbolos

Escudo

Os elementos que compoñen o escudo do Concello da Laracha fan referencia aos momentos máis significativos do seu pasado e proporcionan unha información relevante para coñecer mellor a cultura do municipio. Toda a nosa historia faise presente nos distintos elementos do emblema oficial; só hai que saber ler o seu significado.

A torre que ocupa o centro do escudo fai honra ás Torres de Cillobre e ás Torres do Viso (Montemaior). Baixo a súa representación atópase unha balea sucando o mar que rememora a importancia que en épocas pasadas tivo o Porto baleeiro de Caión, un dos de maior actividade na captura de baleas na provincia.

A cada lado da torre aparecen dúas espigas, símbolo do carácter agrícola do municipio.

 

Bandeira



O 17 de xullo de 1985 foi aprobada a Bandeira Municipal proposta por D. Felipe Llopis Planell.

Sobre o fondo azul céntrase un cruceiro, un dos símbolos máis íntimos, próximos e profundos de Galicia.