• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

O noso alcalde

É un enorme pracer darche a benvida ao espazo virtual do Concello da Laracha. A través de datos, imaxes, mapas e todo tipo de información útil, pretendemos que te sintas preto desta terra. Recoméndoche que non deixes de interesarte por temas relacionados co turismo, a historia, o patrimonio e a riqueza natural do noso municipio, cuestións das que os laracheses nos sentimos moi orgullosos.

A información e a proximidade ao cidadán van da man nesta páxina web. Aquí poderás atopar datos actualizados sobre A Laracha, así como as noticias máis destacadas da actividade municipal. O noso compromiso é o de achegar con inmediatez e rigorosidade toda a información que precisas para estar ao día do que ocorre na Laracha.

Oportunidades, igualdade, saúde, vivenda, natureza, turismo, deporte, cultura, servizos, desenvolvemento, urbanismo, educación, industria, lecer, praia... son moitas as palabras que teñen sentido neste municipio. Todas elas son realidades que trazan un futuro inmediato cheo de ilusión e benestar.

Convídote a que afondes no pasado, presente e futuro da Laracha a través desta web. Teño a certeza de que aquí atoparás información e unha canle de comunicación directa co Concello e, o máis importante, un lugar para ti e para os teus proxectos.

Un cordial saúdo.

 

D. José Manuel López Varela

Alcalde do Concello da Laracha