• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Comezan as obras de renovación das beirarrúas nun tramo da Avenida Fisterra da Laracha

30/07/2018

O Concello da Laracha ten en fase de execución o proxecto de humanización das rúas Lugo e Carballo, situadas en pleno centro da capital municipal. A actuación tamén inclúe unha intervención no tramo da Avenida Fisterra situado fronte ao novo edificio administrativo da Laracha, zona que conforma unha área comercial de relevancia. Precisamente esta fase da obra comezará a executarse no día de mañá.

O Concello deseñou este proxecto co propósito esencial de renovar as beirarrúas existentes neste ámbito priorizando a circulación peonil en condicións de seguridade e accesibilidade universal. Ademais, reordenarase o tráfico para facilitar o tránsito dos vehículos, regularanse as interseccións para que sexan máis claras e seguras, acondicionaranse as prazas de aparcamento público, mellorarase a sinalización viaria e renovarase a rede de recollida de augas pluviais.

Trátase dunha actuación de similares características á realizada nas cercanas rúas Epifanio Campo Núñez, Coruña, Pontevedra e Suíza. Con este proxecto, que supón un investimento de 77.000 euros a financiar integramente con fondos propios municipais, complétase a transformación desta céntrica zona do casco urbano da Laracha

Desde o Concello da Laracha pedimos desculpas aos veciños da zona polas molestias que, inevitablemente, ocasionan as obras nas estradas e beirarrúas, ao mesmo tempo que destacamos a importancia deste proxecto que se está executando porque grazas a el cambiarán por completo as rúas afectadas para mellorar estas infraestruturas públicas municipais e, por tanto, a calidade de vida dos veciños, especialmente dos residentes neste lugar e dos locais comerciais da zona.

Contacto

AYUNTAMIENTO DE A LARACHA, trata la información que nos facilita con la finalidad de posibilitar la adecuada prestación del servicio concertado, el desarrollo de acciones comerciales y la oferta y/o contratación de productos y servicios. Usted puede ejercer sus derechos en cualquier momento, solicitándolo a través de la siguiente dirección electrónica: info@concellolaracha.com. Consulte la información adicional y detallada en nuestra política de privacidad.