• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Comité de Irmandamento reúnese para iniciar a organización dunha nova viaxe a Olonne Sur Mer

07/05/2018

Hoxe celebrouse no salón de Plenos da Casa unha reunión do Comité de Irmandamento coa finalidade de iniciar a organización dunha nova viaxe a Olonne sur Mer que se levará a cabo antes de que remate este ano, en datas aínda por determinar e que se consensuarán en reunións posteriores.

Ademais dos representantes do executivo local (o alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros José Ramón Martínez Barbeito, Patricia Bello e Rocío López), forman parte deste Comité de Irmandamento un representante da cada grupo político con representación no Pleno e membros das principais entidades culturais e deportivas do municipio.

O Concello da Laracha está irmandado desde o ano 2010 con Olonne Sur Mer, municipio situado na rexión francesa de La Vendèe. As iniciativas levadas a cabo durante os últimos anos permitiron tecer relacións de amizade entre familias e entidades de ambos municipios, así como a posibilidade de levar a cabo actividades de intercambio entre centros de ensino, realización de prácticas profesionais para a mocidade e a promoción a nivel turístico.