• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

As entradas para a festa-homenaxe aos nosos maiores están á venda no edificio administrativo

21/04/2018

O Concello da Laracha organiza un ano máis a tradicional Festa-Homenaxe aos nosos maiores, un evento que se celebrará o sábado 19 de maio e que estará incluído no programa municipal de actividades para festexar as Letras Galegas.

Tal e como é habitual, a Festa-Homenaxe desenvolverase no pavillón do IES Agra de Leborís. A partir das 13:00 horas oficiarase unha misa na propia instalación, a continuación será o xantar e, por último, haberá baile con música en directo.

Para poder participar no evento é preciso adquirir previamente as entradas, que están á venda no departamento de servizos sociais (edificio de usos administrativos) ao prezo de dez euros. Poderán mercalas presentando o seu carné de identidade todos os veciños do Concello que sexan maiores de 65 anos de idade, xubilados ou pensionistas. 

O Concello da Laracha organiza cada ano este evento co propósito de facer unha homenaxe á terceira idade ao mesmo tempo que se lles ofrece unha alternativa de ocio e unha xornada festiva que poderán disfrutar en compañía de familiares, veciños e amigos, reforzando as relacións sociais entre as persoas maiores do municipio.