• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Avanzan as obras de construción da beirarrúa nun tramo da rúa Mestre Baldomero Fraile

08/03/2018

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, e Jesús Souto, concelleiro responsable das áreas de Urbanismo e Obras, comprobaron in situ o avance nas obras de construción da nova beirarrúa na rúa Mestre Baldomero Fraile, no casco urbano da Laracha, coas que se mellorarán as condicións da rede viaria e será reforzada a seguridade neste ámbito. 

Para a creación da nova infraestrutura foi necesaria a construción dun muro de contención. O proxecto tamén contempla a canalización soterrada para posibilitar a posterior instalación da iluminación pública.

Unha vez rematadas as obras, a previsión é que o tránsito peonil aumente por esta rúa que, ademais de albergar un edificio de vivendas, comunica directamente as Avenidas Fisterra e Doutor López Astray, vertebradoras das comunicacións no casco urbano da capital municipal.

O Concello da Laracha inviste neste proxecto 30.000 euros procedentes integramente de fondos propios municipais.

Contacto

AYUNTAMIENTO DE A LARACHA, trata la información que nos facilita con la finalidad de posibilitar la adecuada prestación del servicio concertado, el desarrollo de acciones comerciales y la oferta y/o contratación de productos y servicios. Usted puede ejercer sus derechos en cualquier momento, solicitándolo a través de la siguiente dirección electrónica: info@concellolaracha.com. Consulte la información adicional y detallada en nuestra política de privacidad.