• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A Laracha acollerá un curso oficial de monitor de actividades de tempo libre

03/02/2018

A Escola Galega de Tempo Libre, en colaboración co Concello, impartirá na Laracha entre os meses de marzo e xuño un curso oficial de monitor en actividades de tempo libre dirixido a persoas maiores de dezaoito anos de idade e que teñan, canda menos, os estudos de graduado en ESO ou equivalente.

Esta acción formativa de carácter presencial consta de dúas fases. A teórico-práctica terá unha duración total de duascentas horas e desenvolverase en instalacións municipais da Laracha todos os sábados e un domingo ao mes. No programa do curso inclúese temática relacionada coas áreas psicosociolóxica, animación e xogos, saúde, lexislación, técnicas de acampada e educación ambiental.

A fase práctica consistirá en 150 horas ou catorce días de actividade en programas de tempo libre. O Concello da Laracha facilitará a realización das prácticas aos participantes durante o desenvolvemento das actividades e campamentos de verán municipais.

Os alumnos que completen de xeito óptimo esta acción formativa estarán en disposición de obter o título oficial, xa que a Escola Galega de Tempo Libre está recoñecida pola Xunta de Galicia como entidade para a formación e titulación de monitores e directores de actividades de tempo libre e especialistas en campos de traballo.

O prazo de inscrición xa está aberto e debe formalizarse acudindo á Casa do Concello. Na web www.escolagalegadetempolibre.es tamén se pode ampliar información ao respecto.

Todos os veciños empadroados no Concello da Laracha que realicen este curso poderán favorecerse dunha bonificación na cota de inscrición.

Contacto

AYUNTAMIENTO DE A LARACHA, trata la información que nos facilita con la finalidad de posibilitar la adecuada prestación del servicio concertado, el desarrollo de acciones comerciales y la oferta y/o contratación de productos y servicios. Usted puede ejercer sus derechos en cualquier momento, solicitándolo a través de la siguiente dirección electrónica: info@concellolaracha.com. Consulte la información adicional y detallada en nuestra política de privacidad.