• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello e o Hospital Veterinario Xarope renovan a súa colaboración coa Asociación Amigos de los Perros

08/01/2018

O Concello da Laracha e o Hospital Veterinario Xarope doaron á Asociación Amigos de los Perros de Carballo 400 quilos de penso co dobre obxectivo de colaborar coa citada entidade e mostrar o seu apoio ao labor que están a desenvolver en diferentes municipios da comarca de Bergantiños.

En representación do Concello da Laracha o alcalde, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e por parte da clínica Andrés Martínez e Sabela Pena, fixeron entrega dos sacos de comida para os cans a Graciela Eiroa, responsable da asociación, nas propias instalacións do centro veterinario, situadas na larachesa rúa Santa Lucía.

Amigos de los Perros xestiona un centro de acollida en Carballo e realiza unha importante función de recollida de cans abandonados na Laracha e noutros municipios próximos. Esta entidade ofrece a posibilidade a calquera particular que así o desexe de adoptar cans con todas as vacinas ao día e o correspondente microchip.

Contacto