• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello da Laracha contará con oito prazas na campaña de esquí da Deputación da Coruña

03/01/2018

A Deputación Provincial da Coruña vén de comunicar ao Concello da Laracha que foron outorgadas ao noso municipio oito prazas para participar na Campaña de Esquí do ano 2018.

Os rapaces nados entre os 2003 e 2007 (ambos incluídos) que desexen participar deben formalizar a súa preinscrición como data límite o día 16 de xaneiro. Se fose necesario, entre todos os solicitantes realizarase o sorteo público para outorgar as oito prazas dispoñibles.

O programa desta actividade consistirá nunha estancia de catro días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda (provincia de Ourense). O Concello da Laracha participará na primeira quenda do programa, polo que as datas que lle corresponden son do 3 ao 5 de febreiro.

Os rapaces aos que finalmente se lles outorguen as oito prazas dispoñibles aboarán unicamente 85 euros como cota de participación, na que se inclúen o transporte, a estancia e manutención en aloxamentos ubicados na estación invernal de Cabeza de Manzaneda e a realización dos cursos de esquí.