• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Comezan a executarse as obras de ampliación e mellora da calzada de Vista Alegre á AC-523

16/12/2017

No Concello da Laracha continúan desenvolvéndose actuacións dirixidas a mellorar a rede viaria municipal. Neste caso o punto de actuación é a estrada de titularidade municipal que comunica o lugar de Vista Alegre, na parroquia de Soandres, coa AC-523, xa no límite co termo municipal de Culleredo.

As obras son financiadas integramente pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e están valoradas en máis de 92.000 euros. Afectan a un tramo de 1.080 metros de lonxitude que actualmente presentan unha anchura media de catro metros. O proxecto consiste na ampliación da plataforma da calzada para alcanzar unha anchura mínima de seis e máxima de oito metros ao longo de toda esa distancia, polo que en certos tramos a amplitude será o dobre que a actual. A continuación será renovado o pavimento e completaranse os traballos coa correspondente sinalización.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro José Ramón Martínez Barbeito realizaron unha visita ás obras xunto ao responsable da empresa que está a executar os traballos previstos.

Aínda que o proxecto afecta a unha zona rural e beneficiará prioritariamente aos veciños residentes nos núcleos de poboación próximos, esta obra tamén forma parte do plan de mellora das estradas locais que comunican a vila de Paiosaco coa AC-523, a estrada comarcal que ofrece un acceso alternativo cara a terceira rolda da Coruña e o aeroporto de Alvedro.