• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello organizará un curso de preparación para a obtención do graduado en ESO para adultos

27/10/2017

O Concello da Laracha organizará un curso de preparación para a obtención do graduado en educación secundaria (ESO) dirixido a persoas maiores de 18 anos de idade.

A acción formativa levarase a cabo na Casa da Cultura desde o día 6 de novembro e ata finais de maio en tres sesións semanais (luns, mércores e venres) de dúas horas de duración cada unha e en horario de 20:30 a 22:30 horas.

Todos os veciños da Laracha que desexen participar nesta acción formativa deben formalizar a súa inscrición de xeito gratuíto acudindo ao departamento de servizos sociais, situado no edificio administrativo da Laracha. 

O Concello da Laracha leva a cabo esta iniciativa para formar aos alumnos co obxectivo de que superaren os exames de obtención do título de graduado en ESO que convoca a Xunta de Galicia e dotalos dos coñecementos, instrumentos e habilidades que lles sexan útiles na súa vida diaria e que lles permitan progresar no seu ámbito persoal, social e laboral.