• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello mellora os accesos entre a AC-552 e o núcleo de A Gándara

14/09/2017

O Concello da Laracha ten en fase de execución o proxecto de mellora dos accesos entre a a Avenida Fisterra (AC-552), xusto no remate da travesía con beirarrúas da capital municipal en dirección a Carballo –fronte á rúa Luis Martínez Vázquez-, e o núcleo de A Gándara. 

A estrada sobre a que se está a actuar presenta unha lonxitude duns 250 metros e unha anchura de 7 metros ao longo do seu percorrido. Toda a súa superficie será dotada cun novo pavimento, o que require previamente do acondicionamento da explanación e o seu afirmado.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, comprobaron esta mañá o desenvolvemento dos traballos que darán como resultado a nova pavimentación desta vía municipal. O obxectivo da actuación é facilitar as  comunicacións entre a citada zona do núcleo urbano da capital municipal da Laracha e a estrada DP-1913, mellorando os accesos, por tanto, cara a estrada de Caión, o complexo deportivo do campo de fútbol Municipal da Laracha, o cemiterio novo de Torás e o tanatorio.

A rede viaria municipal supera os seiscentos quilómetros de estradas que comunican máis de trescentos núcleos de poboación. Por ese motivo para o goberno local da Laracha o seu mantemento en bo estado é unha cuestión prioritaria.