• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Comezou a desenvolver a segunda edición do programa de formación para mocidade Deseñando o teu futuro

01/09/2017

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e a concelleira delegada da área de Promoción Económica, Rocío López, mantiveron unha reunión no Salón de Plenos cos quince rapaces que participan no programa Deseñando o teu futuro

Esta iniciativa, que o Concello da Laracha organiza por segundo verán consecutivo en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o tecido empresarial municipal, vai dirixida a mozos de entre 14 e 18 anos de idade, sendo unha excelente oportunidade para eles de adentrarse no coñecemento da actividade profesional mediante a observación e a realización de prácticas. 

Os participantes tiveron plena liberdade para escoller o sector empresarial no que participarán, con eleccións tan diversas como a hostalería, repostería, confitería, farmacia, perruquería, veterinaria e o agro.

A duración das estadías será de dúas semanas a realizar na primeira quincena do mes de setembro. Durante o seu labor estarán titorizados permanentemente por persoal das empresas e tamén do Concello para orientalos, asesoralos, formalos e axudalos a desempregar a súa función de xeito óptimo. Por cada xornada de traballo de catro horas, os participantes percibirán unha compensación económica de seis euros. Ao rematar as prácticas entregaráselle o certificado homologado pola Xunta de Galicia co que poderán documentar oficialmente a experiencia adquirida.

Desde o Concello da Laracha mostramos o noso agradecemento ás empresas e establecementos comerciais que colaboran con Deseñando o teu futuro, que permitirá aos participantes adquirir coñecementos que lles axuden a descubrir cal pode ser a súa vocación profesional e proporcionarlles a posibilidade de ter un primeiro contacto coa realidade socio-laboral, facilitándolles que adquiran unha experiencia para axudarlles a decidir a súa futura traxectoria.

Contacto

AYUNTAMIENTO DE A LARACHA, trata la información que nos facilita con la finalidad de posibilitar la adecuada prestación del servicio concertado, el desarrollo de acciones comerciales y la oferta y/o contratación de productos y servicios. Usted puede ejercer sus derechos en cualquier momento, solicitándolo a través de la siguiente dirección electrónica: info@concellolaracha.com. Consulte la información adicional y detallada en nuestra política de privacidad.