• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O festival A Laracha Rock abrirá as festas patronais da capital municipal

29/07/2017

O festival A Laracha Rock celebrarase o domingo día 13 de agosto baixo a organización do Concello da Laracha e cun cartel formado por catro grupos que contan con integrantes do noso municipio.

O evento desenvolverase na explanada fronte ao IES Agra de Leborís e a biblioteca municipal da Laracha. Ás 21:30 horas comezarán os concertos de Ambigüo, Malavida e 12 Labirinto. A partir das 23:00 horas Talesien presentará o seu último traballo discográfico, que é o cuarto e que leva o mesmo nome que a banda. 

Con A Laracha Rock o Concello pretende ofrecer a oportunidade a estes catro grupos de mostrar os seu traballo á que é a súa veciñanza nunhas datas emblemáticas, xa que con este festival iniciaranse as festas patronais da capital municipal.

Antes de que comece A Laracha Rock –organizado polo Concello-, tamén o 13 de agosto e no mesmo emprazamento, a partir das 20:30 horas os alumnos de L´Aula de Música ofrecerán un concerto, neste caso organizado pola recentemente creada Asociación Musical da Laracha.