• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Suelo Empresarial del Atlántico acomete a limpeza das parcelas en venda do parque empresarial da Laracha

04/07/2017

A sociedade Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), promotora e propietaria do parque empresarial da Laracha, ten en marcha os labores de limpeza e eliminación da vexetación que creceu ao longo dos últimos meses no ámbito do polígono.

Os traballos –que se desenvolven por medios mecánicos e con dúas máquinas traballando simultaneamente en distintos soares- estanse a acometer a instancias do Concello da Laracha, que solicitou a SEA a realización dos mesmos para manter en boas condicións os terreos que se atopan actualmente en situación de venda.

Ao mesmo tempo, os operarios municipais están a acometer os labores de limpeza e eliminación da materia vexetal nas rúas, beirarrúas, glorietas e áreas de aparcadoiro do polígono industrial no marco das competencias municipais para o mantemento en óptimo estado destas infraestruturas viarias.