• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A Bandeira Azul xa onde na praia de Caión

30/06/2017

Na praia de Caión volve a ondear a Bandeira Azul despois de que unha ampla representación do goberno local realizasen este mediodía o seu tradicional izado.

No acto estiveron o alcalde, José Manuel López Varela, o tenente alcalde e concelleiro responsable da área de medio ambiente , José Ramón Martínez Barbeito, os edís Alberto Blanco, Antonio Fraga, Patricia Bello e Rocío López, os membros do equipo de salvamento que prestarán servizo no areal e tamén a presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, Nuria Rodríguez, xa que esta entidade realizará os labores de coordinación durante o verán e achegará persoal en prácticas para desempeñar esas funcións. 

A Bandeira Azul é o distintivo que outorga a Fundación Europea de Educación Ambiental para recoñecer a calidade dos areais e das augas, así como o cumprimento dunha serie de normas relacionadas coa seguridade, respecto medioambiental e servizos xerais, entre outras cuestións.

Cabe lembrar que tamén conserva o distintivo de Sendeiro Azul o tramo do paseo marítimo que vai desde a praza Eduardo Vila Fano ata o arroio Figueirido, preto do límite co termo municipal de Carballo.