• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O alcalde recibe a Bandeira Azul que onderá este verán na praia de Caión

19/06/2017

José Manuel López Varela (alcalde da Laracha), José Ramón Martínez Barbeito (tenente alcalde) e Patricia Bello (concelleira da área de turismo) recolleron de mans de Alberto Núñez Feijóo (presidente da Xunta de Galicia) e Beatriz Mato (conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio) a Bandeira Azul que ondeará neste verán na praia de Caión. O acto celebrouse no Monte Real Club de Yates de Baiona.

Ademais o tramo do paseo marítimo que une a praza Eduardo Vila Fano co arroio Figueirido, repite o distintivo de sendeiro azul. Deste xeito, a Fundación de Educación Ambiental (FEE) e a Asociación De Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) recoñecen un ano máis a calidade das augas, instalacións, servizos que se ofrecen aos usuarios e o esforzo polo desenvolvemento de iniciativas municipais relacionadas co respecto ao medio ambiente.