• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Remata a actividade da campaña 16-17 para os 109 nenos da Escola Municipal de Baloncesto

07/06/2017

A Escola Municipal de Baloncesto da Laracha (EMBAL) rematará nesta semana a actividade da temporada 2016-2017, na que se bateu o récord de participantes. Para despedir o curso realizáronse a tradicional foto de familia xunto aos adestradores e representantes municipais.

Durante os últimos nove meses 109 nenos e nenas realizaron os adestramentos no Pavillón Municipal da Laracha e no do CEIP Otero Pedrayo e competiron xogando partidos con outros clubs da zona. Todos eses xogadores formaron catro equipos de pequebasket, dous de benxamíns, dous de alevíns e un de infantís.

Nesta fin de semana un dos equipos de alevíns e outro de benxamíns de EMBAL competirán na fase final da Copa Primavera, que se vai disputar no pavillón Bergantiños do Concello de Carballo.

O Concello da Laracha ten previsto desenvolver unha nova edición do Campus de Baloncesto, actividade que se incluirá no programa municipal de verán.