• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O alcalde reúnese cos titulares das licencias de taxi para facer un seguimento do servizo

06/06/2017

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, mantivo hoxe unha reunión no Salón de Plenos profesionais do sector dos taxistas para realizar un seguimento deste servizo público e crear un foro de debate no que os titulares das licencias –actualmente hai doce no Concello- puideron tratar cuestións relativas á súa actividade diaria. 

A ordenanza municipal que regula o servizo de taxi no Concello da Laracha entrou en vigor hai agora dos anos, estando adaptada á Lei galega de transporte público de persoas en vehículo de turismo.

No momento no que se redactou o texto –sempre co asesoramento legal dos técnicos municipais-, parte do seu contido tamén fora consensuado co gremio, principalmente en cuestións como a optimización do sistema de gardas para que o servizo estea a disposición dos usuarios de xeito continuado as vinte e catro horas do día.

Este tipo de reunións continuaranse a desenvolver de xeito periódico cos propósitos de que os profesionais do sector do taxi poidan expoñer –tanto entre eles como ao goberno local- as súas inquedanzas e realizar, estudar e analizar propostas para mellorar o servizo en beneficio tamén dos seus usuarios.

Contacto