• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Deportes

Recepción oficial no Concello ao Laracha C.F.

01/06/2017

O Laracha C.F. (directiva, corpo técnico e xogadores) foi recibido no Concello por unha ampla representación do goberno local encabezada polo alcalde, José Manuel López Varela.

O rexedor municipal felicitounos polo ascenso á terceira división na que será a sétima campaña do club nesta categoría e desexoulles a mesma sorte que no ano 2006, cando o Laracha C.F. xogou a fase de asceso a segunda B.

Tamén valorou o traballo que se está a facer na base, contando a entidade con 170 xogadores competindo en 9 equipos (categorías biberóns, prebenxamíns, 2 equipos en benxamíns, alevíns, infantil, cadete, xuvenil e o sénior).

López Varela aproveitou a ocasión para facer extensible a felicitación ao equipo xuvenil, que foi campión de liga e logrou o ascenso a primeira, e ao infantil, ao que desexou sorte na fase de ascenso que está a disputar.

Por último, o alcalde renovou o compromiso do Concello co club na cesión de instalacións, apoio económico e colaboración nas actividades que desenvolvan ao longo do ano.