• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O PORTO DE CAIÓN ACOLLERÁ A INTERVENCIÓN ARTÍSTICA MULTIDISCIPLINAR PESCAD@S ORGANIZADA POR BÁRBARART

30/04/2017

O porto de Caión converterase durante toda a xornada do vindeiro sábado día 6 de maio no escenario da intervención artística multidisplinar que, baixo a denominación Pescad@s –en clara referencia ao lugar no que se desenvolverá-, organizará o colectivo Bárbarat en colaboración co Concello da Laracha e a Asociación Cultural y Deportiva Peña Royal de Caión.

O propósito de Bárbarart coa posta en marcha deste evento é crear novas formas de expresión artística, animar á xente a participar activamente –e de xeito gratuíto- nas diferentes iniciativas que se levarán a cabo durante toda a xornada e mostrar a arte de todos os colabores no ámbito portuario, ao máis puro estilo das antigas pescantinas.

O evento principiará ás 11:30 horas cun obradoiro de arte no que os nenos que se acheguen poderán formar parte da elaboración dun xigantesco mural. Despois sucederanse as exhibicións de danza contemporánea, teatro, monólogos, música, pintura, escultura, declamación e un largo etcétera de diferentes disciplinas. Xa pola noite será a quenda para as proxeccións audiovisuais, que rematarán en torno ás 23:30 horas.

Os artistas que teñen confirmada a súa participación en Pescad@s son:

  • Gosia Trebacz  (pintura, fotografía, arte audiovisual e dirección do evento).
  • Ariana Fernández Palomo (poesía e pregón).
  • Miguel Anxo Fernán Vello (poesía).
  • Alicia Freire Vera (arte audiovisual).
  • Begoña Bah (fotografía).
  • Gimena Berenguer (fotografía e arte audiovisual).
  • Lupe Vázquez (fotografía e arte audiovisual).
  • Milicia Gráfica, Alba Miliciana (pintura e ilustración).
  • Eduardo Hermida (pintura).
  • Luisa Valdes Aguirre (pintura).
  • Benito Freire (escultura).
  • Mamen Bazarra (música).
  • DJ El Santi (música).
  • Carmen Blanco Sanjurjo (arte dramático). 
  • Chus Álvarez (arte dramático).
  • Carlota Pérez  (danza contemporánea).
  • Kirenia C. Martínez Acosta (danza contemporánea).
  • Pablo Sanchez (danza contemporánea).

No caso de que as condicións climatolóxicas sexan desfavorables na xornada do sábado 6 de maio, o evento podería cambiar de data.