• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O CONCELLO INVESTIRÁ 90.000 EUROS NA CAMPAÑA ANUAL DE DESBROCE

02/05/2017

O Boletín Oficial da Provincial (BOP) da Coruña publica hoxe o anuncio do Concello da Laracha para a contratación dos traballos de roza mecanizada e manual na rede viaria e nas parcelas de titularidade municipal. A partir de mañá as empresas interesadas en formar parte do procedemento terán un prazo de quince días natural para presentar as súas propostas (ata o mércores 17 de maio).

A duración do contrato é de un ano con posibilidade de prórroga por outro máis. O orzamento máximo de licitación ascende a 180.000 euros polos dous anos, isto é, 90.000 euros anuais. Dita cantidade está desglosada nestes catro lotes:

  • Lote 1. Parroquias de Lestón, Lendo, Coiro e Soandres: 25.790,74 €. 
  • Lote 2. Parroquias de Lemaio, Montemaior e Vilaño: 29.265,85 €. 
  • Lote 3. Parroquias de Caión, Torás. Cabovilaño, Erboedo e Soutullo: 24.062,08 €. 
  • Lote 4. Terreos municipais: 10.881,33 €.

A campaña de desbroce das vías municipais ten por obxectivo eliminar a vexetación herbácea nas marxes das estradas para frear o seu crecemento, mellorar a visibilidade dos condutores e viandantes e reforzar a seguridade viaria, ademais de previr riscos de incendio e manter o ornato público nas estradas.

Do mesmo xeito que en pasados exercicios, a campaña de desbroce deste ano afectará a todas as parroquias do municipio. A rede viaria municipal do Concello da Laracha alcanza os 642 quilómetros de estradas para comunicar os máis de trescentos núcleos de poboación existentes.