• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O CONCELLO ACOMETE UNHA AMPLA ACTUACIÓN DE MANTEMENTO NO PASEO FLUVIAL DO RÍO ANLLÓNS

24/04/2017

O paseo fluvial do río Anllóns é unha das zonas de maior riqueza natural e paisaxística do termo municipal da Laracha. Especialmente durante a primavera e o verán, este lugar é moi transitado tanto por veciños como por visitantes para disfrutar do entorno no que se sitúa como, tamén, para practicar exercicio, xa que o seu percorrido supera os dous quilómetros e medio de distancia entre a área recreativa de Gabenlle e O Formigueiro.

Desde hai varios días as brigadas medioambientais do Concello da Laracha están a acometer unha ampla actuación de mantemento no paseo fluvial do río Anllóns que contempla a limpeza da pasarela de madeira con auga a presión, reparacións e substitucións das táboas deterioradas e a aplicación de lasur, un produto especialmente indicado para o tratamento da madeira en exteriores polo seu efecto antideslizante e por favorecer a súa conservación.

Estes labores levaranse a cabo nun tramo de dous quilómetros do paseo fluvial, afectando por tanto á practicamente a totalidade do seu percorrido.

A actuación que se está a realizar non so renovará a estética da pasarela do paseo fluvial, tamén mellorará a seguridade en beneficio dos usuarios desta infraestrutura de titularidade municipal.