• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O CONCELLO SOLICITA A COLABORACIÓN DA XUNTA DE GALICIA PARA A O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL

20/04/2017

A Xunta de Goberno Local do Concello da Laracha, reunida hoxe en sesión ordinaria, acordou solicitar a participación na convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para a concesión de subvencións dirixidas á contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral (DOG número 58 do 23 de marzo de 2017).

Por medio do servizo de orientación laboral ofreceríase aos veciños do Concello da Laracha todo tipo de asesoramento e información a particulares en materia de busca activa de emprego, realizando un seguimento personalizado a cada usuario e estando en todo momento en contacto directo coas empresas da zona na procura de atopar postos de traballo vacantes e que se axusten aos criterios de cada individuo. Este servizo sería complementario ao que xa se presta con carácter continuado na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local municipal.

Salientar, tamén, que foron concedidas dúas licencias de primeira ocupación de vivendas unifamiliares de recente construción.