• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Deportes

CAIÓN ACOLLE ESTE SÁBADO O TROFEO FEDERATIVO “XUNTA 2017” DE PATINAXE ARTÍSTICA

29/03/2017

Caión será este sábado a referencia da patinaxe artística en Galicia coa celebración, no pavillón polideportivo de Xermaña, do campionato federativo “Xunta 2017” de todas as categorías desta modalidade deportiva.

O evento é organizado polo Club Patín Conxuro coa colaboración do Concello, a Federación Galega de Patinaxe e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. O club larachés conta cunha ampla experiencia neste tipo de eventos despois de ter organizado en Caión varios campionatos a nivel provincial e galego nos últimos anos.

Os trece clubs participantes son, ademais do organizador, o CPA Maxia, AD Liceo La Paz, CD Lenda (os tres, de A Coruña), CP Compostela, CPA Omega, CP Sarela, CP Oroso (os catro, de Santiago de Compostela), CP Oleiros, CP Ribeira, CP Galia (Ordes), CP Alquimia (Carral) e CP Boiro.

O Club Patín Conxuro da Laracha acudirá ao campionato con oito patinadoras nas seguintes categorías:

  • Alevín: Natalia Rama e Claudia Piñeiro.
  • Infantil: Rebeca Verdía e Ainhoa Cotelo.
  • Cadete: Sofía Pardo.
  • Xuvenil: Clara Amado e Andrea García.
  • Júnior: Sara Garda.

A competición desenvolverase pola mañá de 10:10 a 14:30 horas e, pola tarde, entre as 17:10 e as 20:45 horas (no documento adxunto pódense consultar todos os horarios). O evento finalizará a continuación co acto de entrega dos trofeos aos mellores clasificados.

A entrada para asistir como público a este evento é libre e gratuíta.