• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O CONCELLO ORGANIZA UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE PRODUCIÓN INTEGRADA

25/03/2017

O Concello da Laracha, coa colaboración da asociación Horta do Noroeste, organiza a charla informativa sobre produción integrada que se vai desenvolver venres día 31 de marzo a partir das 19:30 horas na Casa da Cultura da Laracha.

Nesta xornada actuarán como ponentes persoal técnico da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a representante dunha entidade certificadora de produción integrada e un técnico agrícola que está ao cargo de explotacións tanto na comarca de Bergantiños como noutros puntos da Costa da Morte.

Durante a charla informativa tocaranse cuestións de interese, como a explicación de en que consiste a produción integrada, que debe facerse para obter a certificación oficial, as convocatorias de axudas ás que poden acollerse os produtores e as posibilidades reais de implantar este modelo produtivo nas explotacións da zona. 

A xornada rematará coa exposición dun caso real sobre esta temática e unha quenda de preguntas para que todas as persoas asistentes poidan mostrar as súas inquedanzas e resolver calquera dúbida ao respecto.

A iniciativa vai especialmente dirixida aos horticultores profesionais, aínda que a entrada é libre e gratuíta para calquera persoa que desexe informarse sobre esta materia.