• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A LARACHA ACOLLERÁ UNHA SESIÓN INFORMATIVA SOBRE A PRAGA DA POLILLA GUATEMALTECA DA PATACA

23/02/2017

O Casa da Cultura da Laracha acollerá o 6 de marzo a partir das 12:00 horas unha sesión informativa sobre a problemática da expansión da tecia solanivora, coñecida como a praga da polilla guatemalteca da pataca, que está a afectar á produción en moitos municipios galegos, sen atoparse entre eles nestes momentos o Concello da Laracha.

A charla será a cargo de persoal técnico da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia experto nesta materia. Ademais de explicar datos sobre este insecto e como chegou á nosa comunidade, exporanse as medidas obrigatorias e recomendacións a adoptar tanto por parte dos agricultores como nos almacéns.

Tamén se ofrecerá información sobre as zonas demarcadas nas que se deberán aplicar as medidas de erradicación e control establecidas e onde está prohibido ao completo o movemento deste tubérculo.

A asistencia á charla será libre e gratuíta.