• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concurso

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CONCURSO DE DISFRACES DO PROGRAMA DE ENTROIDO

02/02/2016

O certame desenvolverase a partir das 18:30 horas, no descanso da verbena a cargo do Grupo Triunfo que principiará una hora e media antes. As categorías de premios establecidas son as seguintes:

Individual infantil (ata 12 anos).
Individual adulto (a partir de 13 anos).
Parellas infantil (ata 12 anos).
Parellas adulto (a partir de13 anos).
Grupos (de 3 a 8 compoñentes).
Comparsas (máis de oito compoñentes).

En todas as categorías haberá tres premios. Nas individuais a contía será de 60, 40 e 30 euros. Nas parellas, 70, 60 e 50 euros. Os grupos optarán a 200, 150 e 100 euros. Nas comparsas este ano haberá dúas modalidades de premios diferentes, que serán a posta en escena e o deseño da vestimenta.

En ambos casos a dotación económica ascenderá a 200, 150 e 100 euros. A mesma comparsa poderá obter premios nas dúas modalidades. Ademais, as comparsas non premiadas terán un premio de 75 euros polo feito de participar, a excepción de que o xurado determine que non reúne as condicións mínimas de calidade. Por tanto, en total repartiranse máis de 2.500 euros en premios neste evento, cuxas bases poden consultarse na sección "avisos" desta web municipal.

As persoas, parellas, grupos e comparsas que desexen participar no Concurso de Disfraces do Martes de Entroido poden formalizar a súa inscrición ata o día 8 de febreiro acudindo ao Concello da Laracha ou chamando ao 981 605 001. O 9 de febreiro, día propio do evento poderán apuntarse unicamente de xeito presencial no Concello en horario de 16:00 a 17:00 horas. Nos próximos días o Concello da Laracha fará público o contido do resto das actividades que se organizarán no marco do programa de Entroido.

Ligazóns
Bases Concurso Disfraces Entroido

Compartir: