• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Igrexa de San Román de CabovilañoVoltar a listaxe de Patrimonio

O Igrexario , Cabovilaño

Está situada no Igrexario da parroquia de San Román de Cabovilaño. 

Presenta unha planta de tipo salón cunha soa nave, ábsida e sancristía. A estrutura aérea interior presenta unha bóveda de canón rebaixada, soportada por muros de cachotaría e reforzados por tres arcos faxóns.

A fachada principal, feita de cantaría irregular, destaca pola súa sobriedade. Componse dunha porta de entrada cun arco de medio punto de grandes doelas. Enriba sitúase unha seteira alongada. Coroando o conxunto, unha espadana de dous ocos.