• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Capela de Santa Margarida de MontemaiorVoltar a listaxe de Patrimonio

Santa Margarida - Montemaior

Está situada no lugar de Santa Margarida, na parroquia de Montemaior.

É unha igrexa de estilo neorrománico (séculos XIX-XX), de planta irregular con catro capelas laterais. A fachada é de forma pentagonal, cun eixo vertical marcado pola porta, unha xanela e unha espadana de dous ocos.

A súa estrutura interior caracterízase pola existencia de tres bóvedas de cruzaría que se apoian en pilastras situadas nos muros das capelas.

Emprázase nun amplo espazo libre no que se atopa unha densa Carballeira, moi coñecida pola celebración da romaría de Santa Margarida.