• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Igrexa de Santa Mariña de LemaioVoltar a listaxe de Patrimonio

O Igrexario, Lemaio

Sitúase no Igrexario da parroquia de Lemaio.

Trátase dunha igrexa de orixe románico (século XIII), de planta salón na que se distinguen unha soa nave, presbiterio e sancristía.

Interiormente, a igrexa está precedida por un vestíbulo sobre o que se atopa o coro, ao que se accede mediante unha escaleira de caracol. Ao pé desa escaleira está a pía de auga bendita, que posúe dous capiteis visigóticos.

Está estruturada por medio dunha bóveda de canón que se apoia en muros de cachotaría, reforzados por dous contrafortes cuadrantes co arco de medio punto interior que separa a nave do presbiterio.

A sancristía, de dúas plantas, está situada no altar maior e o seu acceso pode realizarse desde o interior do templo ou desde o exterior.

A fachada principal caracterízase pola súa sinxeleza: porta rectangular, xanela e espadana de feitura barroca de dous ocos.