• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Parroquia de LestónVoltar a listaxe de Parroquias

A parroquia de Lestón linda ao norte co Concello de Arteixo, ao sur e ao leste coa parroquia de Coiro e ao oeste coa parroquia de Torás.

Esta parroquia conta cunha superficie de 4,25 km² e é a segunda máis poboada do municipio.

Os lugares que a compoñen son: A Grela, O Aguiuncho, A Barreira, A Cachada, O Castro, Centulle, O Cruceiro, Fofelle, A Ganduma, O Igrexario, Lestón, O Mesón, Paiosaco (núcleo urbano), A Porta Santa, As Rañeiras e A Torre.

O acceso principal é a través da estrada AC-552.

Destaca a famosa e coñecida Feira de Paiosaco, na que se comercializa un variado abano de produtos agrícolas, téxtiles e gastronómicos.