• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Parroquia de GolmarVoltar a listaxe de Parroquias

Linda ao norte coas parroquias de Torás e Coiro, ao sur con Montemaior, ao leste con Soutullo e ao oeste con Vilaño e o Concello de Carballo.

Ten unha superficie de 7,15 km² e conta cos seguintes lugares:O Acheiro, A Beria, A Brea, A Calvela, O Campo, As Camposas, O Carballo, Folgueiros, A Fonteseca, Fragoso, Golmar, A Gouxa, O Igrexario, Groba, Lamas, As Orxeiras, A Pedra, O Ramallal, O Regueiro, Requesende, A Revolta, A Rocha, San Cristovo, San Pantaión, A Tabeira, As Talladas e Ximondes.

A principal vía de comunicación da parroquia é a estrada provincial da Laracha á Silva (CP-2404).

O Río Acheiro cruza esta parroquia creando un fermoso val (val do Acheiro).

O Campo de Lamas concentra as infraestruturas municipais da parroquia de Golmar ao albergar o campo da festa, a pista polideportiva descuberta e o centro sociocultural.

A Casa Reitoral, situada no lugar do Igrexario, foi restaurada e musealizada para albergar o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte.