• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Parroquia de CaiónVoltar a listaxe de Parroquias

A parroquia de Caión é o único enclave costeiro do municipio.

Linda ao norte co Océano Atlántico, ao sur coa parroquia de Lendo e os Concellos de Arteixo e Carballo, ao leste con Arteixo, e ao oeste con Carballo.

Nos seus 4,75 Km² de superficie alberga o núcleo urbano e os seguintes lugares: Alvite, A Pedreira, Cima de Vila, Goxán, O Campo da Costa, O Outeiro e Xermaña.

Accédese desde A Laracha e Paiosaco a través da estrada provincial CP-0513, desde Arteixo pola CP-514 e desde Carballo pola CP-1909.

Ata os anos 80 a maioría da poboación estaba integrada no sector pesqueiro, o cal se dedicaba á pesca artesanal de cerco e ao marisqueo. Hoxe en día esta actividade perdeu certa impartancia.

Caión, pobo típico mariñeiro, é o inicio da Costa da Morte e conta cunha enorme beleza paisaxística que serve de reclamo aos turistas que visitan a vila. Neste encanto natural cabe destacar: a praia, o paseo marítimo, o porto, a praza e o santuario dos Milagres.

Dispón de todos os servizos propios dunha vila: consultorio médico, colexio de Educación Infantil e primaria, biblioteca municipal, centro social da 3ª idade, polideportivo municipal, centro sociocultural, farmacia, servizo de taxis e liñas regulares de autobuses á Laracha, Carballo e A Coruña.