• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Parroquia de TorásVoltar a listaxe de Parroquias

Torás linda ao norte coa parroquia de Lendo e o Concello de Arteixo, ao sur coas parroquias de Vilaño e Golmar, ao leste con Lestón e Coiro e ao oeste con Cabovilaño e Vilaño.

Nesta parroquia atópase a capital municipal, A Laracha, e nela, a Casa Consistorial.

Cunha superficie de 5 km² é a parroquia máis poboada. Consta dos seguintes lugares: A Barreira, O Campo, A Cheda, Estramil, O Froxo, Gabenlle, A Gándara, A Ganduma, Guilfoi, A Laracha, Leborís, A Miñoteira, Mirón, A Ponte, A Portela, Riotorto, Torás, As Torres de Cillobre, Troa e Vilasuso.

Torás ofrece un alto nivel de servizos e instalacións públicas: sociais (escola infantil e centro de día e fogar residencial para maiores), culturais (Casa da Cultura, biblioteca, servizos múltiples), modernas instalacións deportivas (polideportivo municipal, polideportivo IES Agra de Leborís, piscina municipal climatizada, ximnasio, campo de fútbol, pistas de pádel).

Ademais, dispón con espazosas e abundantes zonas verdes (área de ocio Maximino Canedo, O Recreo, prazas, parques infantís) e áreas de esparexemento (área recreativa de Gabenlle e paseo fluvial do Río Anllóns).

En canto á arquitectura, esta parroquia conta con dúas igrexas: a de Santa María de Torás, do séxulo XIX, e a Igrexa Parroquial de Torás, do século XX, ademais da capela de San Roque e San Antonio, situada en Cillobre.